Necesitas javascript para ver a páxina

Vostede está aquí

Deputación de Ourense

Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense é a entidade pública encargada da xestión e administración dos recursos provinciais da provincia de Ourense. Os principais obxectivos e competencias da Deputación de Ourense son os seguintes:

  • Promover o desenvolvemento socioeconómico dos concellos da provincia.
  • Proveer ós concellos con diferentes servizos.
  • Administrar e promover os intereses provinciais.
  • Proporcionar o apoio técnico a todos os concellos da provincia, especialmente aqueles con menos recursos.
  • Promover servizos públicos supramunicipais.

A Deputación de Ourense, a través dos proxectos transfronteirizos, axuda a promover o desenvolvemento socioeconómico dos concellos da provincia de Ourense, contribuíndo a súa vez, a paliar a grave situación de envellecemento e despoboamento de certas zonas da provincia, xa que as actuacións enfocadas á dinamización conxunta da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés, considéranse claves para loitar contra este grave problema, así como contribuír á explotación racional dos recursos naturais e culturais deste territorio.

+34 988 12 34 56