
Organización de cursos de capacitación da poboación local e distintos axentes sociais dinamizadores no ámbito da RBTGX. 2019
A Dirección Xeral de Patrimonio Natural, no marco do programa POPTEC Xurés-Gêres Dinámico, convoca varios cursos para impulsar a capacitación da poboación local e dos distintos axentes sociais da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês, o único espazo natural protexido con carácter transnacional na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Con esta proposta preténdese, por un lado, impulsar aquelas actividades que contribúan a promover os valores naturais, históricos e etnográficos desta zona e, por outro, ofrecer un conxunto de competencias e coñecementos aos habitantes desta Reserva co obxectivo de favorecer a adopción de prácticas e procedementos acordes cos valores naturais e culturais que se desexan protexer. En definitiva, con estas actividades preténdese contribuír á conservación e uso sustentable deste espazo protexido e á mellora das aptitudes da súa poboación.
AGRICULTURA ECOLÓXICA: APROVEITAMENTOS TRADICIONAIS E SECUNDARIOS DAS PLANTAS: CULTIVOS DE INTERES (150 h) |
||||
|
Duración |
Datas |
Lugar |
Asistentes |
Módulo 1: Agricultura Ecolóxica
|
(50h) |
1-20 xullo |
CEMIT Bande |
25 |
Módulo 2: Viticultura ecolóxica |
(50h) |
CITRAN Grou (Lobios) |
||
Módulo 3: Silvicultura sustentable
|
(50h) |
Sede PNBLSX Lobios Saidas en autocar |
||
GANDEIRÍA ECOLÓXICA (30 h) |
||||
Módulo 1: Gandería Ecolóxica |
(12h) |
22-30 xullo |
CITRAN Grou (Lobios) |
25 |
Modulo 2: Sistemas preventivos de danos no gando pola fauna silvestre |
(8h) |
|||
Modulo 3: Produción e elaborados do mel |
(10h) |
Centro de envasado da cooperativa Mel do Xurés Lobios |
||
APLICACIÓN NOVAS TECNOLOXIAS PARA XESTION E COÑECEMENTO DA RESERVA DA BIOSFERA (70 h) |
||||
I) Aplicación tecnoloxías |
(45h) |
19-30 agosto |
CEMIT Bande |
25 |
II) Sistemas de seguimento a longo prazo |
(5h) |
|||
III) Sistemas de Información Xeográfica SIX |
(10h) |
|||
IV) Técnicas de monitoreo de Flora e habitats |
(10h) |
Podedes consultar máis información sobre os cursos aquí.
Tamén podedes descargar os carteis a continuación: