Cabecera Zonificación
Zonificación

Zonificación

Cada unha das unidades de zonificación contempladas na Reserva da Biosfera e delimitadas en función da expresión territorial dos compoñentes da biodiversidade e as actividades humanas corresponden a un réxime de ordenación e xestión específico, que responde en consecuencia ás diferentes necesidades de conservación e xestión e a diferentes graos de aproveitamento dos recursos naturais da Reserva da Biosfera.

A zona Núcleo abarca un total de 34.434,31 ha. do total da superficie da Reserva da Biosfera proposta, o que supón un 13% da mesma cuns niveis de protección moi elevados. A configuración destas zonas, e consecuentemente a súa biodiversidade, está ligada ao mantemento de modelos tradicionais de aproveitamento dos recursos naturais que posúen un elevado grao de compatibilidade co mantemento dos compoñentes, a estrutura e o funcionamento dos ecosistemas.

A zona Tampón inclúe a zona da Reserva da Biosfera onde os usos tradicionais do chan e o turismo ambiental considéranse perfectamente compatibles coa conservación dos valores naturais tratándose de territorios cun valor de conservación alto, cunha porción significativa de hábitats.

Na zona de Transición da Reserva atópanse localizadas a maioría dos núcleos de poboación. Correspóndese cunha zona fortemente poboada, onde se atopan a maioría dos servizos. En certa medida, pódese afirmar que as características ambientais, socio-culturais e económicas confiren á zona de transición as condicións e potencialidades favorables para a promoción dunha política adecuada de desenvolvemento sustentable, e favorecer tanto ás poboacións locais como a conservación e revalorización da natureza e a biodiversidade.