Cabecera Productos
Produtos

Produtos

Con grandes espazos abertos, alleos ó boureo humano, Gerês-Xurés comparte moitos recursos desde antes da existencia dunha fronteira que, a día de hoxe apenas é unha liña nos mapas. O termalismo, grazas ás augas de Lobios, Gerês e Melgaço; a presenza dunha biodiversidade singular que se estende mesmo no caso dos animais máis cotiáns, como a vaca Cachena, o porco Bísaro ou Celta, o nome muda a cada lado da fronteira pero segue a ser o mesmo; recursos naturais como a mel, a gastronomía de montaña, os embutidos, os queixos... O obxecto desta guía é integrar nun mesmo documento os recursos agroalimentarios, turísticos e de artesanía da reserva da biosfera transfronteiriza, como parte dun inventario dentro do proxecto Gerês-Xurés Dinámico, cofinanciado nun 75 por cento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).