Cabecera Características
Características

Características

No relevo destaca a presenza de serras, alcanzando a paisaxe montañosa a súa cota máxima nos altos de Nevosa (1556 m) e Fontefría (1559 m) situado no núcleo central dos cumios da serra Gerês-Xurés. Unha sucesión de cordilleiras, como a Serra do Xurés, Serra do Quinxo, Santa Eufemia, Pisco, Leboreiro, Mourela, Peneda, Soajo, Amarela ou a Serra de Pena de cuxos cumios baixan multitude de ríos novos que verten as súas augas ao río Caldo e Salas, afluentes do río Limia, que nos seus percorridos configuran unha espectacular paisaxe. Os vales profundos cortan a montaña descendendo ata preto dos trescentos cincuenta metros conducindo abundantes augas ao leito encaixado e de vertentes abruptas como é o río Limia. En xeral, a rede hidrográfica é nova e está encaixada en vales estreitos e profundos describindo traxectorias practicamente rectilíneas, agás nas zonas de cabeceira con gran poder erosivo, se ben as concas de recepción se encontran moi compartimentadas sendo de pequeno tamaño. Os principais cursos fluviais que discorren pola Reserva da Biosfera son: Limia, Salas, Caldo e Castro Laboreiro, Vez, Homen e Cávado.