Cabecera Valores naturales
Valores naturais

Valores naturais

A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX) foi declarada como tal o 27 de Maio do 2009 pola UNESCO,  está situada na Comunidade Autónoma de Galicia (España) e na Regiâo Norte (Portugal). Dispón dunha área de 267.958 ha de territorio protexido en dous espazos naturais divididos polas fronteiras pero unidos polas características da natureza e a cultura. Conta cunha rede hidrográfica densa, ecosistemas en bo estado de conservación e especies de fauna e flora de excepcional interese para a conservación da natureza e a biodiversidade. A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés constitúe en moitos aspectos as diferenzas que enriquecen o noso patrimonio natural e cultural, unha realidade única que esixe colaboración permanente en defensa e revalorización.

As diferentes orientacións, as variacións bruscas de altitude e a influencia dos climas atlántico, mediterráneo e continental, dan orixe a unha gran diversidade de microclimas na RBTGX. Estes, asociados á constitución esencialmente granítica do chan, crean características particulares orixinando aspectos botánicos moi especiais que lle confiren un lugar de preferencia en relación á flora ibérica. Nesta rexión pódense atopar especies de flora que varían desde aquelas que son características de zonas mediterráneas e subtropicais, ata as que predominan en zonas euro-siberianas e alpinas, así como especies endémicas como o Lirio do Xurés (Iris boissieri), a Thymelaea broteriana (Thymelaea broteriana) ou a Armeria humilis (Armeria humilis subsp. humilis).

A diversidade de hábitats, a variada flora e a fisiografía singular da RBTGX permiten reunir neste territorio condicións apropiadas para a manutención dunha gran diversidade de fauna como o lobo (Canis lupus), o corzo (Capreolus capreolus) , morcegos (Chiroptera), marta (Martes martes), víboras (Viperinae) e o cabalo garrano (Equus ferus caballus).

No territorio están identificadas 147 especies de aves, moitas das cales son migratorias. Destacan polo seu status de conservación, ou pola súa reducida área de distribución na península ibérica, a aguia real (Aquila chrysaetos), a choia de bico vermello (Pyrrhocorax pyrrhocorax), o bufo real (Bubo bubo) e o miñato abelleiro (Pernis apivorus).

O territorio definido pola Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, particularmente nas áreas que forman os dous espazos protexidos, distínguese polo elevado valor do seu patrimonio natural e pola existencia de hábitats naturais pouco fragmentados que comprenden esencialmente a Serra Gerês-Xurés e integran a zona núcleo da RBTGX.

En Portugal, o territorio delimitado polo Parque Nacional dá Peneda - Gerês (PNPG), integra o SIC Serras da Peneda e Gerês, PTCON 0001, creado ao abrigo da Directiva Hábitats relativa á conservación de hábitats naturais de flora e fauna salvaxes así como tamén a Zona de Protección Especial (ZPE) da Serra do Gerês, ao abrigo da Directiva Aves, relativa á Conservación das especies de aves. Tamén abarca a Reserva Biogenética Matas de Palheiros- Albergaria, PT 930003, incluida na Rede de Reservas Biogenéticas do Consello de Europa. Ademáis integra, desde 2008, a rede PAN Parks, onde están incluidas as mellores áreas naturais de Europa.

En España, o territorio delimitado polo Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xures intégrase dentro do Lugar de Importancia Comunitaria Baixa Limia (ES1130001), aprobado mediante a Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004 pola que se adopta, de conformidade coa DC92/43/CEE do Consello, a lista de Lugares de Importancia Comunitaria da Rexión Biogeográfica Atlántica (Diario Oficial dá Unión Europea. 29.12.2004: L 387/1) e da Decisión da Comisión do 19 de xullo de 2006, pola que se adopta a lista de Lugares de Importancia Comunitaria da Rexión Biogeográfica Mediterránea (Diario Oficial da Unión Europea. 21.09.2006: L 259/1). Este espazo posúe tamén, conforme á DC 79/409/CEE, a declaración de Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), coa denominación Baixa Limia – Serra do Xurés (ES0000376), figura que tamén é integrante da Rede Natura 2000.