Necesitas javascript para ver a páxina

Eventos

Vostede está aquí

Semana Cultural da Geira do 25 ao 28 de xuño no Núcleo Museolóxico do Campo do Gerês

25 Xuño, 2019 - 10:00
25 ao 28 de xuño | Terras de Bouro

O Núcleo Museolóxico do Campo do Gerês acollerá do 25 ao 28 de xuño unha semana cultural que terá como obxectivo a valorización cultural da Geira "Vía Romana", coa recreación do Mundo Romano en varios momentos.

O acontecemento está organizado polo Concello de Terras de Bouro, formando parte do Proxecto Gerês / Xurés, Reserva da Biosfera Tranfronteiriza, e componse de diversas actividades desenvolvidas ao longo de catro días, destacando o estudo das técnicas de construción das vías e medios de transporte, pezas teatrais, unha actividade interxeracional a través do Proxecto Bem Envelhecer, talleres e recreación da formación e vivencia militar romana, entre outras.

Cabe destacar tamén a realización, nos días 28, 29 e 30, de tres camiñadas baixo lema "O descubrimento do PNPG", incluidas no Programa Anual das Camiñadas guiadas da Asociación Gerês Viver Turism.