Novas
Novas

A xornada Novas oportunidades para Territorios Rurais revela que o respeto polos recursos naturais, a cooperación e o compromiso son chave para o aproveitamento do potencial dos territorios rurais

A xornada Novas oportunidades para Territorios Rurais revela que o respeto polos recursos naturais, a cooperación e o compromiso son chave para o aproveitamento do potencial dos territorios rurais

A xornada Novas oportunidades para Territorios Rurais revela que o respeto polos recursos naturais, a cooperación e o compromiso son chave para o aproveitamento do potencial dos territorios rurais

Expertos nas áreas da conservación e revalorización dos espacios naturais e do turismo compartiron as súas experiencias e impresións sobre as oportunidades e retos aos que se enfrentan os territorios rurais

O proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020, presentado na xornada, desenvolverá unha serie de actividades para relanzar o espazo do río Limia-Lima como un destino turístico de calidade e sostible, así como para protexer e valorizar o patrimonio cultural e natural como base económica da rexión transfronteiriza

A xornada foi inaugurada por José Manuel Baltar Blanco, presidente da Deputación de Ourense

Ourense, 5 de novembro de 2020. O respecto dos valores naturais, culturais e sociais, así coma a cooperación e o compromiso e a posta en valor dos recursos, son os factores clave á hora de xerar oportunidades perdurables nos territorios rurais. Estas foran algunhas das ideas nas que se fixo fincapé durante a xornada Novas oportunidades para Territorios Rurais celebrada este xoves 5 de novembro. A Deputación de Ourense foi a encargada de organizar o evento, que se celebrou de maneira online obrigdo polas circustancias da COVID-19.

Nesta xornada se contou coa participación dunha serie de expertos con ampla experiencia que traballan directamente nas áreas da conservación e revalorización dos espacios naturais e do turismo, quenes compartiron as súas experiencias e impresións sobre as oportunidades e retos aos que se enfrentan os territorios rurais.

Primeiramente, tras explicar as principais características e iniciativas xa en marcha na zona de actuación do proxecto tanto por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural coma de Adere Peneda-Gerés, e contando tamén co exemplo do parque Nacional de Garajonay (La Gomera), se resaltou a enorme importancia ambiental e diversidade natural da Eurorrexión, coa necesidade de apreciar e poder valorizar o noso patrimonio a través do desenvolvemento de infraestucturas turísticas adecuadas e respectuosas co medio ambiente. 

Suliñouse tamén neste sentido o reto de conseguir un equilibrio entre turismo e natureza, ao mesmo tempo que ter que xestionar medioambientalmente un territorio onde viven persoas, onde se incidiu na importancia das campañas de  sensibiización.

Púxose de manifesto a importancia do turismo como forma de xerar oportunidades perdurables e loitar contra o despoboamento do rural, apostando por un turismo de calidade, que respecte a contorna e que poña en valor o territorio e as súas características, buscando o equilibrio entre tradición e novas tendencias. 

Doutra banda, insistiuse na necesidade de contar con estratexias comúns de xestión e difusión que aglutinen as diferentes actuacións desenvolvidas nos territorios e que vertebren o territorio tanto a nivel natural como socioeconómico, resaltando a importancia de dar a coñecer os recursos aos visitantes. 

O obxectivo do proxecto Fronteira Esquecida é o de revalorizar o patrimonio natural e cultural no entorno do río Limia-Lima. Para iso, se desenvolverán unha serie de actividades que relanzarán o espazo do río Limia-Lima como un destino turístico de calidade e sostible, protexendo e difundindo o patrimonio cultural e natural como base económica da rexión transfronteiriza.

Á inauguración da xornada asistiron o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco que suliñou a importancia e o compromiso das entidades socias do proxecto Fronteira Esquecida en poñer en valor e aproveitar os numeros recursos naturais e culturais do entorno do río Limia-Lima na zona transfronteiriza.

Código QR mini Icono cerrar Código QR grande