
CCDR-N na procura da mellor fotografía do Gerês-Xurés
18 Setembro, 2020
A CCDR-N, en colaboración con MIRA FORUM, lanzou o concurso “GERÊS- XURÉS: EN FOTOGRAFÍA”. A iniciativa xorde no ámbito do proxecto de dinamización da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés e pretende contribuír á difusión e divulgación de traballos de fotógrafos profesionais e afeccionados, expoñendo o seu traballo e procurando divulgar a beleza e harmonía ambiental da Reserva para un público nacional e internacional. O prazo de presentación ampliouse ata o 18 de setembro.
O xurado que avaliará as fotografías está constituído por integrantes da CCDR-N, de ADERE Peneda- Gerês, da Axencia de Turismo de Galicia, da Universidade do Porto e da Galeria MIRA FORUM. Toda a información sobre a presentación de candidaturas está dispoñible no Regulamento do Concurso en https://www.ccdr-n.pt/concursogeresxures.
O proxecto “GERÊS_XURÉS_DINAMÍCO”, apoiado polo Programa Interreg VA España-Portugal, foi deseñado para contribuír á mellora do estado de conservación dos hábitats da Reserva da Biosfera Transfronteiriza, tanto de forma directa, a través da mellora das súas condicións ambientais, coma indirecta, dando a coñecer e integrando na vida cotiá da poboación local criterios de conservación e desenvolvemento socioeconómico.
A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés (RBTGX) foi declarada o 27 de Maio de 2009 pola UNESCO, e está localizada na Rexión Norte de Portugal e na Comunidade Autónoma de Galicia (España), unindo o Parque Nacional da Peneda- Gerês ao Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.