
O Monte: un préstamo dos nosos fillos, non un agasallo dos nosos pais ”. Xornadas Xurés Vivo conclúe con interesantes propostas (case de obrigado cumprimento) para salvar os montes do Xurés e evitar incendios
Un estudo recente publicado na revista Science (https://cutt.ly/whje0Ka) sostén que o lume é unha fonte de biodiversidade no mundo dende hai millóns de anos e o seu novo comportamento afecta a máis de 4.400 especies e os seus hábitats, que dependen dos seus patróns temporais e espaciais.
A principal conclusión deste traballo é que o réxime de incendios debe introducirse á hora de planificar a conservación da biodiversidade e como elemento clave para dar forma aos ecosistemas.
O estudo recoñece até que punto é un reto adoptar "novas medidas revolucionarias" de xestión do lume para preservar a biodiversidade, xa que considera a actividade humana -o lume e os ecosistemas- e lembra que os cambios na actividade do lume son un desafío para a biodiversidade en hábitats e reinos bioxeográficos de todo o mundo.
Finalmente, o estudo recoñece o papel crítico das persoas: restaurar e promover paisaxes crea oportunidades para equilibrar a biodiversidade con outros valores en moitas rexións do mundo e menciona a reintrodución de rabaños que se alimentan do sotobosque e cortalumes verdes baseados en plantas de baixa inflamabilidade.
Xornadas Xurés Vivo/
Saber xestionar os puntos de control estratéxico, isto é, que podemos facer a priori para evitar os incendios ou ben; cando estes xa se producen, saber xestionalos mellor, son algunhas das conclusións ás que chegaron os relatores das Xornadas Xurés Vivo que se celebraron virtualmente o sábado, organizados pola Mancomunidade de Montes de Río Caldo e na que tamén participaron os representantes das comunidades de montes dos cinco concellos da Baixa Limia.
Todas as partes interesada;, administración, propietarios e xestores de montes. Todo o mundo está de acordo: dende os últimos 40 anos, o monte arde no Xurés e na Reserva; o monte arde case sempre nas mesmas zonas, o monte arde durante 40 anos polas mesmas causas.
Reorganización forestal, diversificación de recursos e estudo das invasoras, plantación das especies máis resilientes ao lume, puntos de xestión estratéxica para atacar o lume unha vez que se produciu, pero sobre todo, orde, valor e diálogo co territorio para repensar a dicotomía entre o uso real e potencial.
Algunhas propostas específicas para Xurés/
Para Domingos Rodríguez, Pte. da Comunidade de Monte de Río Caldo e para Xosé Alfredo Pereira, Pte. da Organización Galega de Comunidades de Montes: "cando arde o monte, arde o territorio; afecta a toda a sociedade e é un problema de país". “Temos que fuxir dunha vez por todas do monocultivo;o monte pode ter outras utilidades como o pastoreo ou o cultivo doutras especies ou produtos. Non ten porque ser só madeira ”. "A produción indiscriminada de piñeiro expulsou á xente do territorio, do propio monte".
Galicia é unha das zonas de Europa que máis arde. O 90 % dos incendios son intencionados. Dos cen concellos de España que máis arden, o 70 % están en Galicia e desta porcentaxe, o 45 % en Ourense. Fala Serafín González, Pte. da Sociedade Galega de Historia Natural: "O monte arde sempre polo mesmo sitio: zonas de maior despoboamento, montaña... se a isto sumamos a construción de grandes encoros e unha repoboación das zonas queimadas con piñeiros e eucaliptos sen repensar outras causas, temos unha expulsión da poboación dos montes e do territorio". Logo, tamén temos compostos tóxico no aire, arrastre de cinzas aos ríos e afectación de elementos arqueolóxicos como petróglifos, a fauna e a flora da contorna. E o máis grave: a perda de vidas humanas a ambos os dous lados da Raia”. Serafin tamén fala da gran cantidade de diñeiro que se precisa para apagar e loitar contra os lumes.
Este experto en silvicultura fala de solucións: "Sabemos que se pode facer, como intervir e onde", di laconicamente.
E explica: "avaliar como foi ou lume; se foi de copa, soterrado, etc... Aprender dos incendios" Conclúe que todos os producidos nunha zona específica teñen traxectorias históricas de lume, "algo que hai que ter moi en conta para logo repensar puntos estratéxicos de xestión ”. “A palla, por exemplo, débese estenderse manualmente, non polo aire (helimulching); deste xeito, pódese reducir a erosión até un 90 %”. E logo sinala con rotundidade: “temos que ir por diante do lume, comprender as causas que provocan os incendios, como se producen e como avanza segundo cada zona.Deste xeito poderemos equilibrar a balanza entre lume provocado e lume natural”.
Juan Picos, director da Escola Universitaria de Enxeñaría Forestal de Vigo, fala da modificación da paisaxe "froito do proceso da erosión do lume. Tamén temos que controlar as ignicións, estudar moi ben a tipoloxía de combustible, a súa cantidade, estrutura e dispoñibilidade e establecer -de novo a frase mencionada- puntos de control estratéxico".
Juan Picos teno claro: "definir o territorio, falar con el, optimizar a planificación, dificultar a propagación e facilitar a intervención". Así de claro. No seu discurso final, subliña: “un gran lume producido hai anos, posiblemente estea facilitando un novo incendio nesa mesma zona. Se non actuamos, podemos predicir como vai ser o próximo lume nesa zona ”. (Presenta pladenos de incendios décadas, comparados con planos de incendios actuais. A súa semellanza é aterradora)
Para Antonio Bento Gonçalvez, Pte. da Asociación Portuguesa de Xeógrafos, "os períodos de lumes cada días son máis longos e isto provoca un aumento das temperaturas diúrnas e nocturnas, unha diminución das precipitacións o que provocará lumes recorrentes". Bento Gonçalvez reclama medidas urxentes para "evitar a erosión do solo".
Resumindo as conclusións destas Xornadas Xurés Vivo, podemos indicar que:
-É necesario que as administracións escoiten con eficacia os proxectos empresariais e as propias comunidades de montes dirixidos a dinamizar o territorio.
-Ecoloxía, sustentabilidade, eficacia e respecto ao medio ambiente nestes proxectos.
-Limpar as escorrentías, estender a palla manualmente, eliminar a madeira queimada de zonas difíciles do monte e establecer prezos de mercado para a súa venda.
-Liñas de axuda.
-Establecer produtos con denominación de orixe controlada.
-Debater sobre a captura do C02.
-Ordenar, valorizar e dialogar co territorio, establecendo plans de uso real e potencial.
-Establecer estratexias para mellorar a zona rural: promoción de mercados, denominación de orixe, turismo ambiental e sustentable, gandería e pastoreo.
-Creación de viveiros como o antigo en Río Caldo "O semilleiro".
-Establecemento dunha planta de biomasa.
-Creación dun Sistema de Formación Xeográfica.
-Plans de reordenación parcelaria.
-Gandería extensiva.
-Campañas de voluntariad.
-Colaboración transfronteiriza: queda claro que moitos incendios se orixinan na parte portuguesa da Reserva.